radmin vpn
FORMACIÓN DE FORMADOR OCUPACIONAL

FORMACIÓN DE FORMADOR OCUPACIONAL

Iniciamos proximamente grupo de Formador Ocupacional, finais de abril ou primeiros de maio, facilidades de pago.

Pide información sen compromiso!

 

CARACTERÍSTICAS XERAIS:

  • Comezo: Proximamente
  • Familia: Servizos socioculturais e á comunidade
  • Tipo: Certificados de Profesionalidade
  • Nivel: 3
  • Modalidade: Mixta
  • Duración total: 380 horas
  • Presencial: 27 horas
  • Online: 313 horas
  • Prácticas: 40 horas
  • Nivel de Calidade: Excelente

PRESENTACIÓN:

O obxectivo principal deste curso é formar a profesionais con necesidades de cualificación profesional, que traballen ou queiran traballar no ámbito da docencia da formación profesional para o emprego.

Para lograr este obxectivo ensinarase a programar, tutorizar e avaliar accións formativas do subsistema de formación profesional para o emprego, elaborando e utilizando materiais, medios e recursos didácticos. Ademais, capacitarase ao alumno para ir orientando sobre os itinerarios formativos e saídas profesionais que ofrece o mercado laboral na súa especialidade e promovendo de forma permanente a calidade da formación e a actualización didáctica.

 

REQUISITOS ACADÉMICOS:

Para poder acceder ao curso o alumno debe cumprir con algún dos seguintes requisitos:

  • Estar en posesión do título de Bacharel.
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 3.
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da familia profesional "Servizos Socioculturais e á Comunidade".
  • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior ou superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
  • Ter os coñecementos formativos ou profesionais suficientes que permitan cursar con aproveitamento a formación.

REQUISITOS DO CURSO:

Demostrar ou acreditar unha mínima formación necesaria nos ámbitos de:

  • Comunicación en lingua castelá.
  • Competencia dixital.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Este certificado de profesionalidade está dirixido a todos aqueles profesionais que exerzan o seu traballo no ámbito da docencia, así como calquera persoa traballadora ou desempregada que queira iniciarse nas funcións relacionadas coa docencia da formación profesional para o emprego.

 

ONDE PODERÁS TRABALLAR?

O profesional que realice o curso poderá desenvolver a súa actividade profesional, no ámbito público e privado, en centros ou entidades que impartan formación profesional para o emprego, tanto para traballadores en activo, en situación de desemprego, así como a colectivos especiais. O seu desempeño profesional lévao a cabo en empresas, organizacións e entidades de carácter público ou privado, que impartan formación por conta propia ou allea.

 

DE QUE PODERÁS TRABALLAR?

As ocupacións ou postos de traballo relacionados co curso son:

  • Formador de formación non regrada.
  • Formador de formación ocupacional non regrada.
  • Formador ocupacional.
  • Formador para o emprego.
  • Formador de formadores.

LOCALIZACIÓN

Rúa Noriega Varela, 16, baixo
32004 Ourense

Teléfono: 988 601 542 - 988 617 930
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Horario de atención ao público:
9:00-13:30 e 16:00-19:00

COLABORAN

AULAS

.

Este web utiliza cookies propias e de terceiros para ofrecer unha mellor experiencia e servicio

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto